O pasado venres os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP asistimos no Auditorio de Galicia de Santiago a un concerto da Orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, acompañados por 16 profesores da orquestra Real Filharmonía de Galicia. Interpretaron a Danza eslava op. 46, número 8 ; Danza eslava op.46, números 4 e 6 de Dvorak a Obertura Die Zauberharfe D. 644 de Schubert e The Typewriter de L. Anderson.
Para completar esta mañá cultural visitamos tamén a exposición “Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago” guiados por persoal do gabinete didáctico do Auditorio que se encargou de amosar e explicar o contido da mostra. Grazas CHUS por dedicarnos o teu tempo e facer que todo fose máis doado de entender.
Foi unha xornada completa que desexamos repetir.
escursión yupiiiiiii
ResponderEliminaryo no salgo porq sergio me tapo
ResponderEliminarPOR QUE NO SALGO SI ESTABA AL LADO DE SIMÓN(¡¡LA MAGIA EXISTE!)
ResponderEliminar