sábado, 19 de enero de 2013

UNHA XORNADA NO AUDITORIO


O pasado venres os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP asistimos no Auditorio de Galicia de Santiago a un concerto da Orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, acompañados por 16 profesores da orquestra Real Filharmonía de Galicia. Interpretaron a Danza eslava op. 46, número 8 ; Danza eslava op.46, números 4 e 6 de Dvorak a Obertura Die Zauberharfe D. 644 de Schubert e The Typewriter de L. Anderson.
Para completar esta mañá cultural visitamos tamén a exposición “Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago” guiados por persoal do gabinete didáctico do Auditorio que se encargou de amosar e explicar o contido da mostra. Grazas CHUS por dedicarnos o teu tempo e facer que todo fose máis doado de entender.
Foi unha xornada completa que desexamos repetir.

miércoles, 16 de enero de 2013