Introdución: Imos facer unha longa expedición co sol como guía, na que acompañaremos a unha osa coa súa cría, unha elefanta no seu percorrido polo deserto de Kalahari e unha balea nunha longa viaxe de 6.500 km.
Con eles coñeceremos, seguindo o ritmo das estacións, a beleza dos distintos hábitats do noso planeta pero tamén os efectos do quencemento global nos polos coa conseguinte repercusión na vida dos animais e das plantas.
1.-Como se comporta a nai osa coas súas crías? Que estratexias de aprendizaxe utiliza? Parécevos un comportamento similar aos humanos?
2.-Que fai a cría do elefante ao chegar ao Okavango? Que pasaría se a chegada se retrasase unha semana?
3.-Por que se desorienta a elefanta? Que recursos utiliza o cámara para resaltar o soidade da cría? Atopástesvos algunha vez nunha situación similar?
4.-Que recursos utiliza a balea e a súa cría para non perderse na tempestade?
5.-Por que a capa de xeo se volveu tan fina? Que consecuencias inmediatas observades?
6.-Vistes no documental algunhas escenas de humor? Cal, cales?
ACTIVIDADES:
A)Individuais:
1.- "Platero es pequeño, peludo, suave, tan blando por fuera que parece de algodón". Así describe J.Ramón Jiménez o burriño. Intenta definir dunha forma similar a algún dos protagonistas da Terra.
2.-Elixe tres escenas das paisaxes que máis che gustaron. Por que?
B)En grupo (parellas):
Elaborade un DNI dun animal en perigo de extinción completando a seguinte ficha:
-Taxinomía (Orden, familia, xénero, especie)
-Breve descrición (fisonomía, costumes, alimentación, reprodución, lonxevidade...)
-Hábitat
-Principais problemas que lle afectan
No hay comentarios:
Publicar un comentario