jueves, 19 de mayo de 2011

O Barbanza. Que pasada!

O día 11 de Maio os alumnos de 5º e 6º de primaria fomos de excursión ao Monte da Curota, Castro da Baroña, Dolmen de Axeitos, Faro de Corrubedo e ao Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
Saímos do colexio en autobús ás 9:00 h. e volvemos ás 19:30 h. á Praza de Galicia.
Á primeira parada chegamos todos un pouco durmidos por culpa da hora e pico que botamos na estrada. Ao baixar do autobús un vento algo frío soprounos nas caras facendo que todos espertáramos para darnos conta que xa estabamos no Monte da Curota! Alí sacamos moitas fotos e subimos ao balcón onde vimos unha paisaxe moi fermosa. Na baixada do monte estivemos vendo os cabalos e vacas que alí viven.
A seguinte parada foi no Castro de Baroña. Alí todos quedamos impresionados coas pequenas casas destruídas e o fero mar batendo nas rochas.
Aínda asombrados con iso dirixímonos ao seguinte destino: o Dolmen de Axeitos. Parecíase a esas cabanas que os nenos intentan facer pero moito máis dura e resistente. É incrible que siga de pé despois de tantos anos.
Xa esfameados, por fin nos levaron a xantar a un área recreativa con mesas de pedra e xogamos a diversas cousas.
Despois dunha longa mañá faltaba a última parada: As Dunas de Corrubedo. No CIELGA vimos un vídeo e visitamos unha exposición moi interesante. Pero para un día perfecto faltaba o que todos nós máis queriamos: a praia. Así que tan pronto chegamos metémonos na auga ata os xeonllos e algúns, un chisco máis. A merenda e a viaxe de volta foron o punto e final a unha xornada inesquecible.
Que se repita, profes!

Alumnos/as de 5º E. P.









6 comentarios:

  1. Barbanza es preciosa todo lo que tiene destaca y es fantástico que lo hayamos visatado

    ResponderEliminar
  2. gustoume moito a escursion, sobre todo o dolmen

    ResponderEliminar
  3. ME ENCANTO LA EXCURSIÓN SOBRETODO CUANDO PUDIMOS METER LOS PIES EN EL AGUA PERO A MOJARNOS MUCHO NOS RIÑERON.ME GUSTARÍA QUE LAS OTRAS EXCURSIONES FUESEN ASÍ.LO PASE MUY BIEN ESE DÍA.

    ResponderEliminar
  4. QUE BUENOS TIEMPOS LOS QUINTO QUE TRABAJEN

    ResponderEliminar