O mércores, 15 de decembro os alumn@s de 5º e 6º de E. P. fomos de visita ao Parque Eólico Experimental “Sotavento” en Momán – Xermade (Lugo)
Alí escoitamos as explicacións dos monitores sobre os distintos tipos de muíños, desde a súa orixe ata agora. Estivemos na sala de control dos xeradores eólicos, e tamén na sala de máquinas. Percorremos unha casa bioclimática e domótica, que é máis ou menos unha casa intelixente. Pode abrir e pechar as fiestras e as persianas ela soa para controlar a temperatura, variar os espazos segundo conveña ou aproveitar a auga da chuvia ou a forza do vento e a luz solar para producir a súa propia enerxía. Tamén nos explicaron diferentes formas de aforrar enerxía, como apagar os aparellos eléctricos co botón de acendido e non co mando, desenchufar os cargadores dos móbiles ou utilizar lámpadas de baixo consumo.
Despois dunha mañá completiña fixemos un alto para repoñer forzas e visitar a tenda na procura dalgún recordo para levar á casa.
Pola tarde tivemos un taller de elaboración de papaventos e probámolos fóra, pero facía tanto vento que máis que voar eles, parecía que eramos nós os que voabamos. Fixemos un xogo de preguntas e respostas parecido á oca para comprobar todo o que aprendemos neste día e rematamos cun curto paseo en autobús polo parque, onde desde os 700 metros de altura puidemos divisar a central térmica de As Pontes de García Rodríguez.
Pasámolo moi ben, aprendemos moitas cousas e regresamos un pouco máis concienciados sobre a importancia das enerxías “limpas”. Pero sobre todo, volvemos co compromiso de poñer na práctica algún deses consellos que nos deron para facer deste planeta un lugar menos contaminado e para aforrarlle uns euriños aos pais, que nestes tempos ben paga a pena.
Alumn@s de 5º de E.P.
en la excursión lo pase mui bien pero no tanto como en barbanza ¡¡¡¡viva las excursiones!!!!
ResponderEliminarHACIA FRIO
ResponderEliminar