sábado, 23 de marzo de 2013

domingo, 10 de marzo de 2013

XORNALISTAS!


Do 11 ao 15 de marzo celébrase a "Semana da Prensa". Aínda que nós xa vimos traballando cos xornais ao longo do curso, imos adoitar o rol de xornalistas durante estes días. Propóñovos esta Webquest coa noticia como protagonista. Pinchade no seguinte enlace e... mans á obra!
Saudiños, Profe Jorge.



lunes, 18 de febrero de 2013

sábado, 19 de enero de 2013

UNHA XORNADA NO AUDITORIO


O pasado venres os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP asistimos no Auditorio de Galicia de Santiago a un concerto da Orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, acompañados por 16 profesores da orquestra Real Filharmonía de Galicia. Interpretaron a Danza eslava op. 46, número 8 ; Danza eslava op.46, números 4 e 6 de Dvorak a Obertura Die Zauberharfe D. 644 de Schubert e The Typewriter de L. Anderson.
Para completar esta mañá cultural visitamos tamén a exposición “Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago” guiados por persoal do gabinete didáctico do Auditorio que se encargou de amosar e explicar o contido da mostra. Grazas CHUS por dedicarnos o teu tempo e facer que todo fose máis doado de entender.
Foi unha xornada completa que desexamos repetir.

miércoles, 16 de enero de 2013