jueves, 29 de septiembre de 2011

¡BIENVENIDOS COMPAÑEROS!

Los que fuimos pioneros en esto del Abalar os damos la bienvenida al aula de 5º  E. P. Nosotros esperamos continuar con el proyecto este año en 6º. Que lo disfrutéis.

viernes, 1 de julio de 2011

FELICES VACACIÓNS!!!!!!!

Hoxe, que é o día en que todos empezamos as vacacións quérovos mandar un agarimoso saúdo dos vosos profesores.
Disfrutádeas "a tope", que hai tempo de abondo para facer un montón de cousas.
FELICES  VACACIÓNS!!!!

Profe Jorge


lunes, 6 de junio de 2011

AO AIRE LIBRE!

Martes, 31 de maio. Hoxe no colexio celebramos a “Festa da Natureza”
Coas mochilas ao lombo, as gorras postas e de dous en dous xa estamos preparados para ir ata o cole da E.S.O. dando un paseo.
Chegar, colocar as mochilas no sitio sinalado, beber algo e repousar cinco minutiños foi o primeiro que fixemos. Os de 5º e 6º pateamos arredor dunha hora e cuarto e durante a camiñata realizamos actividades de orientación e de observación da natureza.
Un pouco cansos sentámonos a xantar cos compañeiros do curso, falando de mil cousas e compartindo as viandas que con tanto agarimo fixeran as mamás e algunha que outra avoa.
Pola tarde compartimos co resto dos cursos os nosos coñecementos sobre o limoeiro, xogamos ao fútbol, vimos os torneos dos maiores e realizamos xogos cos da E.S.O.
Que mágoa! Temos que recoller para marchar. Pero esta vez en autobús, porque senón chegamos mortos de cansazo. Suorosos, cansos e tristes chegamos de volta ao colexio.

Como molan as festas do cole!!!!!!
5º E. P.

jueves, 19 de mayo de 2011

O Barbanza. Que pasada!

O día 11 de Maio os alumnos de 5º e 6º de primaria fomos de excursión ao Monte da Curota, Castro da Baroña, Dolmen de Axeitos, Faro de Corrubedo e ao Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
Saímos do colexio en autobús ás 9:00 h. e volvemos ás 19:30 h. á Praza de Galicia.
Á primeira parada chegamos todos un pouco durmidos por culpa da hora e pico que botamos na estrada. Ao baixar do autobús un vento algo frío soprounos nas caras facendo que todos espertáramos para darnos conta que xa estabamos no Monte da Curota! Alí sacamos moitas fotos e subimos ao balcón onde vimos unha paisaxe moi fermosa. Na baixada do monte estivemos vendo os cabalos e vacas que alí viven.
A seguinte parada foi no Castro de Baroña. Alí todos quedamos impresionados coas pequenas casas destruídas e o fero mar batendo nas rochas.
Aínda asombrados con iso dirixímonos ao seguinte destino: o Dolmen de Axeitos. Parecíase a esas cabanas que os nenos intentan facer pero moito máis dura e resistente. É incrible que siga de pé despois de tantos anos.
Xa esfameados, por fin nos levaron a xantar a un área recreativa con mesas de pedra e xogamos a diversas cousas.
Despois dunha longa mañá faltaba a última parada: As Dunas de Corrubedo. No CIELGA vimos un vídeo e visitamos unha exposición moi interesante. Pero para un día perfecto faltaba o que todos nós máis queriamos: a praia. Así que tan pronto chegamos metémonos na auga ata os xeonllos e algúns, un chisco máis. A merenda e a viaxe de volta foron o punto e final a unha xornada inesquecible.
Que se repita, profes!

Alumnos/as de 5º E. P.









“El fabuloso Andersen”

“Érase una vez un joven zapatero llamado Hans Christian Andersen que vivía en Dinamarca, cuyos deliciosos cuentos tenían encandilados a los niños y a las niñas de todo el país…  Esta fábula llena de música, risas, magia y diversión chispeante narra las aventuras del legendario cuentista y captura a la perfección el espíritu de fantasía que inspira sus narraciones, que han embelesado durante décadas a niños de todas las edades”
Una película absolutamente encantadora para animarnos a los de E. P.  la tarde del viernes, una fantástica recreación del personaje, una muestra del mejor cine que se hacía hace ya más de cincuenta años en la víspera de unas merecidas vacaciones.

¿Qué más se puede pedir?




lunes, 16 de mayo de 2011

WEBQUEST "IMOS DE VIAXE?"

Se queredes acceder á WebQuest que estamos a facer na clase podedes facelo a través do seguinte enlace:

http://phpwebquest.org/newphp/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=29502&id_pagina=1

Probade a ver se funciona e dádeme a vosa opinión.
Saúdos do profe Jorge

A semana da ANPA

            Esta semana, o protagonismo en torno aos libros foi, sen dúbida, dos pais e nais do cole. Xenerosamente dedicáronnos parte do seu tempo para acariñarnos coas súas voces mentres nos lían un conto ou o capítulo dun libro. Algún mesmo tivo que fretar os ollos para comprobar que non estaba deitadiño na súa cama escoitando o conto das boas noites.
Grazas, Rocío, por compartir cos nenos e nenas de E. I. “El pez que fue árbol”
Grazas, Cristina, por deleitarnos a 1º e 2º con “El puente de cristal”
Grazas, Ildikó, por prestarlle a túa voz aos de 3º e 4º con “La princesa de los siete zapatos” e “Por qué el mar es salado”
E grazas, Javier, por pintar un sorriso nas caras de 5º e 6º mentres escoitaban ”¿Quieres ser el novio de mi hermana?”
De seguro que moitos máis vos animades a ser os nosos cómplices lectores e nós estaremos encantados de escoitarvos.