jueves, 13 de septiembre de 2012

LA TIERRA


Introdución: Imos facer unha longa expedición co sol como guía, na que acompañaremos a unha osa coa súa cría, unha elefanta no seu percorrido polo deserto de Kalahari e unha balea nunha longa viaxe de 6.500 km.
Con eles coñeceremos, seguindo o ritmo das estacións, a beleza dos distintos hábitats do noso planeta pero tamén os efectos do quencemento global nos polos coa conseguinte repercusión na vida dos animais e das plantas.


Reflexión: Despois de ver a película-documental formaremos grupos (3 ou 5 persoas) para facer unha reflexión sobre a mesma. Os representantes de cada grupo exporán aos demais as súas conclusións. As seguintes preguntas pódenvos servir de guía:

1.-Como se comporta a nai osa coas súas crías? Que estratexias de aprendizaxe utiliza? Parécevos un comportamento similar aos humanos?

2.-Que fai a cría do elefante ao chegar ao Okavango? Que pasaría se a chegada se retrasase unha semana?

3.-Por que se desorienta a elefanta? Que recursos utiliza o cámara para resaltar o soidade da cría?   Atopástesvos algunha vez nunha situación similar?

4.-Que recursos utiliza a balea e a súa cría para non perderse na tempestade?

5.-Por que a capa de xeo se volveu tan fina? Que consecuencias inmediatas observades?

6.-Vistes no documental algunhas escenas de humor? Cal, cales?


 
ACTIVIDADES:
A)Individuais:
1.- "Platero es pequeño, peludo, suave, tan blando por fuera que parece de algodón". Así describe J.Ramón Jiménez o burriño. Intenta definir dunha forma similar a algún dos protagonistas da Terra.

2.-Elixe tres escenas das paisaxes que máis che gustaron. Por que?

B)En grupo (parellas):
Elaborade  un DNI dun animal en perigo de extinción completando a seguinte ficha:
            -Taxinomía (Orden, familia, xénero, especie)
            -Breve descrición (fisonomía, costumes, alimentación, reprodución, lonxevidade...)
            -Hábitat
            -Principais problemas que lle afectan


lunes, 23 de julio de 2012

UNHA PAISAXE DIFERENTE




“- Pero… é que estiveches na lúa?

 - Non, home, non… É que este ano fun de vacacións a unha das marabillosas Illas Canarias. Chámase Lanzarote e é un lugar…”

E ti onde estiveches? Ou onde pensas ir? Anímate e cóntanos como é ese lugar. A descrición de lugares é un dos moitos exercicios de expresión escrita realizados durante o curso. De seguro que dende primeiro ata sexto sabemos facelo. Que mellor época para practicalo! Ah!, e os de 4º, 5º e 6º recordade que temos un blog onde facer a nosa descrición a modo de comentario ou unha dirección de correo (lourdesquintoabalar@gmail.com) onde enviala. Así poderemos compartir experiencias e saber por onde anda cada un de nós. E tamén podedes enviar unha foto. A ver que guapos saídes!

lunes, 2 de julio de 2012

FELICES VACACIÓNS!

excursion 5º-6º

Os profes deséxanvos que pasedes un feliz verán. Estade atentos ao blog de E. P. do cole onde periodicamente poderedes atopar diferentes actividades.
Saúdos.

miércoles, 6 de junio de 2012

"O soño dunha noite de San Xoán"

Soño 01

“Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho”
Unha fermosa película de animación coa que disfrutamos o pasado venres os da E. P. Recomendámoslla a todos. Pasaredes un bo rato.