lunes, 13 de mayo de 2024

Festa dos Maios en Galicia

 

E agora..... Sabedes que se celebra nalgúns lugares de Galicia en maio?

Festa dos Maios en Galicia

(Fonte: Aulas Galegas)

O Concello de Narón, que leva con esta tradición dende hai 23 anos, comparte este vídeo de stopmotion tan chulo!


Cando as últimas choivas de Abril desaparecen e chegan os primeiros raios do sol, a natureza estanos dando un sinal: comeza o novo ciclo natural, e iso para un pobo labrego coma o noso é un motivo de celebración. Así comezou hai miles de anos a Festa dos Maios en Galicia.

Nestes días moitos/as de nós estariamos na procura de fiúncho, flores, musgo, carrabouxos… para preparar o noso maio, así como elaborando coplas cheas de crítica social. Esta festividade está moi presente nos maiores, especialmente naqueles que residen en localidades como Redondela, Ourense, Pontevedra, Marín, Vilagarcía… 
A proposta de hoxe é seguir mantendo viva a tradición dos maios a través da memoria dos maiores. Se na vosa zona é tradición, aproveitade para contarlles aos vosos netos/as, fillos/as como viviades esta festividade, que se cadra é distinta, ou non, a como se vive na actualidade. E se nunca fixeras un maio esta é unha boísima ocasión cara comezar!!
Deixámosvos tamén uns vídeos onde se explica como facer un maio con material de refugallo e outro da maneira tradicional adaptado ao confinamento. Animádevos a facer o voso en familia!!

Como elaborar un maio na casa

Maio con materiais de refugallo


Maio tradicional con materiais naturais


E por último: Quen sabe xa a canción "Aí vén o maio" de Luis Emilio Batallán?? Lembrade que é unha canción preciosa que tedes no post Musiqueando  🎶🎶   

Veñaaaa todo o mundo a cantaaaar ❗❗